FESTA FIN DE TEMPADA NA CHEDA
FESTA FIN DE TEMPADA NA CHEDA
A familia do CARBALLOBASKET reunirase para celebrar o fin da tempada na finca de A Cheda.
Como en anos anteriores os xogadores, familiares, traballadores e diretiva do noso club, compartirán un dia enteiro de festa, na que pequenos e maiores poderán disfrutar de comidas, refrescos , xogos e actividades , ao aire libre no idilico paraxe de A Cheda ;Según acordo tomado no derradeiro Consello de Pais, a data elexida foi o:
SABADO 9 de XUÑO.
Todos os interesados en participar desta festa, deberán anotarse antes do dia 6 de Xuño.Para inscribirse deberán pasar pola oficina do club no pavillón do Instituto Parga Pondal, ou poñéndose en contacto con Arturo.
A festa terá un custo de 25€ por familia.
FASE FINAL PROVINCIAL ALEVIN
O equipo alevin masculino de Carballobasket, loitará este fin de semana por proclamarse campeon provincial da categoria.
O equipo adestrado por Hector Añon, logo da sua gran tempada na liga coruñesa, e de proclamarse campeon na fase comarcal da Coruña, tentará seguir sumando galardóns nesta gran tempada.
O sabado as 11 da mañán na polideportiva de A SARDIÑEIRA, enfrentarase na primeira semifinal contra o Club Fontiñas de Santiago, buscando o seu pase para a final que xogarase pola tarde, nas mesmas instalacions.A outra semifinal, enfrentará a Grupo Rievira e Mercedarias de Ferrol
Desexamos que o equipo disfrute de esta gran experiencia, e poda demostrar todo o bo traballo realizado durante o ano.
Convocatoria do Consello de pais
A directiva de CarballoBasket, convoca a derradeira reunión do Consello de pais, co gallo do proximo remate da tempada. Esta reunión terá lugar, o vindeiro Martes 15 de Maio as 20:30 horas, na cafetaria do Pazo da Cultura, co seguinte orde do dia.
ORDE DO DIA
1.- Informe do presidente da tempada 2011-2012
2.- Informe do director deportivo
3.- Rogos e preguntas dos representantes dos equipos.




